A continuación explicaranse os pasos necesarios para a [[#Creación dunha conta|creación]] e maila [[#Eliminación dunha conta|eliminación]] dunha conta en Flickr.

==Creación dunha conta==
Para crear unha conta en Flickr, o primeiro é dirixirse ao seu sitio ''web''. Dado que o sitio non ten tradución ao galego, traballaremos neste manual coa versión en castelán da interface. Así que nada máis entrar no seu sitio ''web'', [http://www.flickr.com/ flickr.com], deberemos escoller «Español» da pequena lista de linguas que aparece na parte inferior. Unha vez escollido o castelán, este será o aspecto da páxina:

[[Imagen:Páxina principal de Flickr.png|center|480px]]

Para comezar o proceso de creación dunha conta hai que premer no botón gris con letras brancas da parte superior dereita que di «''Crea tu cuenta''». Ao premer en dito botón apareceranos unha páxina de Yahoo. Flickr é un servizo de Yahoo, polo que é necesario ter unha conta para utilizalo. Se non se dispón dunha, [[Creación e eliminación dunha conta en Yahoo|créese]]. Se se ten (ou en canto se teña) introduza a súa identificación de Yahoo e mailo seu contrasinal e prema no botón «Entrar». Apareceranos un cadro coma o seguinte:

[[Imagen:Escollendo un nome de usuario para Flickr.png|center|480px]]

O de «''nombre en pantalla''» refírese ao nome de usuario, o nome co que nos verán o resto de usuarios. Pódese utilizar o nome completo noso, pero quizais sexa preferible optar por algunha clase de sobrenome ou inventarmos un, como adoita facerse na Internet. Unha vez decidido e introducido, premeremos no gran botón azul que di «''Crear una cuenta nueva''». Como consecuencia accederemos por vez primeira á interface principal de Flickr:

[[Imagen:Primeira páxina tras rexistrarse en Flickr.png|center|480px]]<!--

==Eliminación dunha conta==
Para borrar unha conta de Facebook, con todos os datos que esta orixinou, hai que acceder ao seguinte URL e seguir as instrucións indicadas: [https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account].

Cómpre aínda así ter en conta a [[política de protección da intimidade de Facebook]], na que se menciona que Facebook poderá manter os datos dunha conta tras a súa eliminación durante 90 días, ou que os contidos compartidos con outros usuarios poderían non borrarse.-->


----
Autor: [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] 21:00 26 ago 2010 (UTC)

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Flickr]]

